Introduce o teu email para suscribirte o Boletin da "Revista Galega dos
Recursos Mariños"


Revista Galega dos Recursos Mariños

Ámbito:

O obxectivo da revista é a publicación de documentos técnicos orixinais, de calidade e de relevancia para a xestión ou aproveitamento dos recursos mariños renovables (incluíndo a acuicultura) en Galicia e áreas afines.

A revista está organizada en catro series, ningunha delas con periodicidade fixa. Todos os documentos publicaránse en formato electrónico en canto sexan aceptados e se recopilarán en volumes impresos.

Series:

Datos.
Inclúe datos non procesados e estadísticas relativos o medio ambiente e ós recursos mariños de Galicia.
Monografías e Manuais. Inclúe traballos de recopilación bibliográfica sobre temas de interese para Galicia así como manuais preparados para servir de axuda ós científicos, técnicos, xestores e empresas, na explotación dos recursos mariños ou na conservación do medio ambiente mariño.
Balances e perspectivas. Inclúe a análise detallada dos resultados de programas de investigación ou de xestión dos recursos e do medio (únicamente dos aspectos técnicos), de liñas e proxectos de investigación e desenvolvemento, así como a revisión do estado actual de coñecementos sobre temas relevantes para o ámbito da revista, incluíndo as perspectivas de futuro.
Artigos, Informes Técnicos e Notas. Inclúe traballos de investigación, especialmente aqueles que por teren, o seu foco en problemas de Galicia, teñan un interese limitado no ámbito internacional.


Calidade dos documentos:

A calidade e relevancia científica dos documentos publicados estará asegurada por medio da avaliación dos mesmos. Todos os documentos serán avaliados por alomenos dous avaliadores.
O consello editorial, que estará formado por persoal científico-técnico, encargarase de asegurar a correcta avaliación dos documentos publicados.