Introduce o teu email para suscribirte o Boletin da "Revista Galega dos
Recursos Mariños"


Instrucións para os autores | Envío de contribucións


:: COntribuciones: INSTRUCCIONES PARA LOS AUTORES

Ámbito e requerimientos:
Na “Revista Galega dos Recursos Mariños” teñen cabida todas as contribucións científicas que teñan como centro os recursos mariños de Galicia ou áreas afíns, tanto se as contribucións tratan directamente cos recursos, como se o fan con procesos que teñan efecto sobre eles ou sobre a sostibilidade da súa explotación.

“Revista Galega dos Recursos Mariños”, admitirá todos los manuscritos enviados para su publicación en las series de que consta siempre y cuando se ajusten a los contenidos de las series pertinentes, superen los criterios de calidad científica establecidos, su presentación sea adecuada y su contenido científico no haya sido sido publicado o enviado para su publicación a otra revista. Los artículos deberán prepararse siguiendo las intrucciones de estilo que figuran en este documento.

Idioma:
Os manuscritos poderán estar redactados en galego, castelán ou inglés, ou incluso en varios destes idiomas. Tanto o resumo como os pés das figuras e táboas deberán estar duplicados, cunha versión en inglés e a outra en galego ou castelán.

Título e título abreviado:
O título das contribucións debe describir adecuadamente o seu contido pero manténdose sempre o máis corto posible. O título abreviado debe igualmente ser descritivo pero non superar os 48 caracteres, incluindo os espazos.

Resumen, fichas descriptivas e palabras clave:
Os Artigos e Informes Técnicos, así como as Monografías, Manuais e os Balances e perspectivas, deben incluir un resumo conciso describindo a información que conteñen. Nos casos en que sexa posible, deben incluirse neste resumo os principais resultados e conclusións. O resumo das Notas debe restrinxirse a dúas ou tres frases, describindo de forma sucinta o contido das mesmas.

Os manuscritos da serie “Datos” deben incluir, ademais do resumo, unha ficha descritiva do ámbito espazo-temporal e da calidade e utilidade dos datos, que esquematicamente figura neste documento como anexo 1.

Incluiranse, en número non superior a 10, as palabras clave que describen a temática da información contida, en inglés e noutro dos idiomas da revista.

Texto:
Os manuscritos, salvo os correspondentes á serie “Datos”, deben estar escritos a dobre espazo, deixando marxes amplos, coas páxinas numeradas de forma consecutiva e, preferiblemente, con números de liña igualmente consecutivos. Os nomes científicos deben ir en cursiva, e acompañados polo nome do autor unicamente a primeira vez que son citados. O xénero pode abreviarse salvo na primeira cita de cada parágrafo. Os nomes científicos, na medida do posible, deberán acompañarse tamén cos nomes vulgares.

No hay límite para la extensión de los documentos salvo en el caso de las notas que no deberán exceder 1000 palabras o 7000 caracteres.

Referencias, abreviaturas, unidades e numeración:
As referencias bibliográficas, tanto nas citas no texto como na lista final de bibliografía, deberán axustarse ao estilo Harvard.

Empregaranse os nomes abreviados estándar das revistas, habitualmente incluidos nelas, servindo ademais como referencia as abreviaturas do: Serials Source List for Aquatic Sciences and Fisheries Abstracts, dispoñible en

http://www.csa.com/ids70/serials_source_list.php?db=aquclust-set-c

Deben empregarse as unidades do SI, empregando as abreviaturas da ISO (International Standardards Association). Debe empregarse o punto como separador decimal.

Tablas:
As táboas deben estar numeradas en números árabes e contarán co encabezado en dous dos idiomas da revista, sendo un deles en inglés. Deberán estar construidas de forma que sexan facilmente lexibles e adxuntaranse aparte do texto principal.

Ilustracións:
As ilustracións deben ter boa resolución e calidade. Preferiblemente aportaranse en branco e negro (gráficos técnicos ou debuxos liñais) ou escala de grises (mapas, fotografías), aínda que cando sexa necesario poderán admitirse tamén en cor.

Os gráficos técnicos e os debuxos liñais deben aportarse en formato electrónico, cunha resolución mínima de 1000 ppp (dpi) no seu tamaño mínimo final e, polo menos, en formato tiff. As ilustracións en cor escala de grises deberán aportarse cunha resolución mínima de 600 ppp no seu tamaño final e, polo menos, en formato tiff ou jpeg.

As ilustracións numeraranse en números árabes. Os pés de todas as figuras adxuntaranse aparte do texto principal.

Galeradas:
As galeradas serán enviadas ao autor de contacto, ou postas á súa disposición por medios electrónicos para corrección e devolución, nun prazo máximo de sete días. En caso de non recibirse as correccións en dito prazo asumirase que os autores consideran que o contido das galeradas é correcto.

Correspondencia:
Os manuscritos, xunto cunha carta de presentación, deben ser enviados por correo electrónico, a través dos medios habilitados no sitio web da revista, á dirección que figura en dito sitio web; ou, en caso de documentos moi voluminosos, nun CD ou DVD por correo ordinario a:

Juan Blanco
Centro de Investigacións Mariñas
Apartado de Correos 13
36620 Vilanova de Arousa
España

A carta de presentación debe incluir ademais dos datos identificativos do manuscrito, a serie da revista á que vai dirixida, as razóns polas que os autores cren que o manuscrito merece ser publicado (a súa contribución real ao coñecemento científico da zona) e os nomes e direccións de contacto dun mínimo de tres posibles avaliadores.

Copyright:
Os autores deberán enviar un documento no que se cedan os dereitos de copia (Copyright) á Xunta de Galicia, incluindo nesta cesión as posibles traduccións dos manuscritos enviados a idiomas diferentes do orixinal. En caso de que estas traduccións se realicen, farase constar o nome do traductor e, previamente a súa publicación, enviarase unha copia da mesma aos autores para a súa corrección en caso de que o estimen pertinente.

Anexo 1. Ficha descriptiva de datos

Ámbito temporal dos datos
- Periodicidade
Irregular
Regular…Frecuencia de obtención
- Continuidade
Integrados no sistema de control (monitoring)
Sen continuidade

Ámbito espacial de los datos
Área cuberta
Nº de estacións
Profundidades

Calidade/utilidade dos datos
Tipo de mostraxe
Método de determinación
Sistemas de control de calidade empleados
Utilidade dos datos

Anexo 2.- Estructura das publicacións de cada serie

Datos:
Título
Título abreviado
Autores e enderezo de contacto
Palabras Clave
Ficha descritiva
Resumo
Introducción
Material e métodos
Datos
Notas e observacións
Agradecementos
Bibliografía

Artigos, Informes técnicos:
Título
Título abreviado
Autores e enderezo de contacto
Palabras Clave
Resumo
Introdución*
Material e métodos*
Resultados*
Discusión*
Agradecementos*
Bibliografía*
* No caso das notas estas seccións pódense substituir polo texto da nota.

Monografías e manuales:
Título
Título abreviado
Autores e enderezo de contacto
Palabras Clave
Resumo
Contido en formato libre
Agradecementos
Bibliografía

Balances e perspectivas:
Título
Título abreviado
Autores e enderezo de contacto
Palabras Clave
Resumo
Introducción
Estratexias empregadas para abordar o problema
Análise dos resultados
Perspectivas de futuro
Agradecementos
Bibliografía


:: ENVÍO DE CONTRIBUCIÓNS

Cubra o seguinte formulario para enviarnos a súa contribución. Grazas.

 

Nome:
Email:
Asunto:
Carta de Presentación:


Xustificación:


Avaliadores:
(Introduza o nome completo e un enderezo de contacto de tres posibles avaliadores da contribución)


Xuntar Arquivo:
(Manuscrito)